De: António Alves - "Goberno vende a ANA a quen construír a Ota"
A operación de privatización da ANA será feita en conxunto co concurso para a construción e exploración da Ota. Isto é, quen construír o Novo Aeroporto de Lisboa tamén ficará coa exploración dos restantes aeroportos que son xeridos pola ANA, nomeadamente os do Porto e Faro. O prazo de concesión pode extenderse a un prazo superior a 30 anos. Isto na prática implica que o Aeroporto do Porto ficará totalmente fora de controlo político da Rexión, mesmo que un futuro goberno rexional veña a ser instituído, ata polo menos 2050. O construtor da Ota, obviamente, despois de gastar bilións no faraónico proxecto, todo fará para rentabilizar a infraestrutura. O aeroporto do Porto, onde el non investiu un tostón, será secundarizado e posto ao servizo do xigante. A partir daquí non será difícil adiviñar como tal será feito. O máis provábel é que se transforme nun simples alimentador de tráfego da mega plataforma. Adeus voos directos. Fico á espera das reaccións da Xunta Metropolitana do Porto e das chamadas "forzas vivas do Norte".
Non, este texto non ten calquera erro ortográfico. Foi escrito en galego - que afinal é a nosa lingua mae - para ver se se axitan algunhas consciencias.
Antonio Alves